-->

martes, 30 de enero de 2018

Rincón verde de lectura

Mero creo xunto co seu amigo Leo un rincón verde de lectura, onde podedes localizar libros para descubrir a natureza e aprender a coidala mellor.

Inauguramos este rincón cunha selección de libros a estrear, as aventuras  do raposo Rufo, que nos vaia ensinar a coidar a horta, coñecer os bichiños da horta e aproveitar os seus froitos para facer saborosas receitas.


Mero e Leo esperan que vos gusten estes contiños.


ESTREAMOS UNHA NOVA HORTA

Parece que Mero tamén escribiu a súa carta aos Reis Magos e recibiu un gran agasallo, unha horta nova para todos os nenos e nenas do Vales.

Unha horta cun toque rústico e medieval, xa que este curso o centro está inmerso no PDi MediaVales.
Oito bancais para que unha ou varias clases poidan traballar ao mesmo tempo.

Agora toca investigar sobre as hortalizas desa época e poñerse mans á obra. A verdade é que dan ganas de ir a plantar xa.

a horta antes


a horta agora
      Temos que agradecerlle ao concello que fixese chegar esa carta aos Reis para que o seu soño se fixese realidade. Moitas grazas.