-->

jueves, 7 de diciembre de 2017

MAGOSTO

Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP festexamos a finais de outubro a festa das castañas. Os mestres de EF organizaron xogos moi divertidos e os nosos familiares asaron as castañas, estaban boísimas!!! Moitas grazas a todos por facernos pasar unha xornada tan entretida.



miércoles, 29 de noviembre de 2017

OUTONO FOTOGRÁFICO

Os nenos e nenas de 2º levaron a cabo unha actividade moi creativa coa temática do outono.
Recolleron follas de diferentes árbores e con debuxos dos froitos propios desta estación elaboraron uns cadros cos que decorar o seu corredor.

Mirade que bonitos lles quedou.
Gran traballo rapaces e rapazas.






viernes, 24 de noviembre de 2017

Celebrando Thanksgiving Day


Todos os nenos e nenas de sexto traballaron de modo cooperativo decorando o pavo de acción de gracias con follas do seu entorno.

lunes, 20 de noviembre de 2017

O recuncho Musical florece

Hoxe plantamos no recuncho musical: 3 violas e un ciclamen. Así o noso recuncho, ademais de alegrar o oído, alegrará a vista e o olfato. Mirade que chuli nos quedou!

                     







Invítovos a ver este bonito vídeo de Alicia en el país de las Maravillas, onde as nosas flores cantan de marabilla.


miércoles, 11 de octubre de 2017

lunes, 9 de octubre de 2017

Mero e Leo inauguran a bibliopatio.

Nestes días tan solleiros xa se pode disfrutar no recreo dun recuncho de lectura. 
Entre Leo (mascota da biblioteca) e Mero (xardiñeiro do colexio) argallaron a idea.
Polo momento ten moi boa acollida a iniciativa.