-->

jueves, 29 de febrero de 2024

Biblioteca creativa: marco de fotos

Neste mes de febreiro nos animamos a facer uns marcos con cartón e papel para as nosas fotos, un debuxo,...
Entre todos/as xa somos uns expertos/as facendo tubiños de papel cos que inventar e crear, só queda botarlle imaxinación e listo.
Aquí unha mostra do noso traballo, e o mellor de todo e que o pasamos xenial.
 
Marcos de fotos de M Belen Vazquez Freire

domingo, 25 de febrero de 2024

PREVENCIÓN DE INUNDACIÓNS

A través de Augas de Galicia, os rapaces e rapazas de 3º EP, tiveron unha xornada de concienciación sobre a prevención das inundacións.
Aprenderon moitas cousas, entre elas que as árbores e a vexetación da ribeira axuda na prevencións das inundacións, que as inundacións son naturais dentro do ciclo do río,... tamén xogaron e experimentaron.


Añadir un subtítulo de M Belen Vazquez Freire

miércoles, 10 de enero de 2024

NOVO OBRADOIRO

 A biblioteca creativa está de volta cun novo obradoiro.


Desta volta non teremos que apuntarnos, simplemente acudir á aula na semana que nos corresponde de martes a xoves.

Semana do 16 de xaneiro ao 18 de xaneiro : 1º e 2º

Semana do 23 ao 25 de xaneiro: 3º e 4º

Semana do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro: 5º e 6º

RECORDADE QUE A CAPACIDADE MÁXIMA DA AULA É DE 12 PERSOAS. 

Aquí vos deixamos tamén a información do resto de obradoiros que haberá ao longo do curso.




Biblioteca creativa de M Belen Vazquez Freire

viernes, 1 de diciembre de 2023

SEMANA DA RECICLAXE

Durante esta semana a rapazada de Primaria trouxo da casa residuos, que coas súas mans, converteron en xoguetes para empregar durante as clases de Educación Física. Unha forma divertida de concienciarnos sobre a redución e reutilización dos envases domésticos.

viernes, 17 de noviembre de 2023

En Acción polo Clima

 Os nenos e nenas de 3ºE están a investigar sobre o cambio climático.

Ademáis de buscar información e experimentar para coñecer as consecuencias do cambio climático, elaboraron unha enquisa para coñecer os bos hábitos do alumnado do Vales.

Queres saber se somos nenos e nenas responsables co medio ambiente?

Axúdalles a descubrilo contestanto a esta enquisa, non che levará máis de 5 minutos. 

GRAZAS

CLICA NA IMAXE PARA FACER A ENQUISA